viernes, 10 de junio de 2011

ACTIVIDADES 18 E 21 PREVENCIÓN DE RISCOS

Mediante esta actividade resumimos brevemente as características da aula polivalente de  Educación Infantil e de informática, así como os posibles riscos laborais que atopamos no noso entorno habitual de traballlo. Ademáis incluimos unha valoración dos mesmos e algunhas medidas a tomar ao respecto. Se queres ver a actividade pincha no seguinte enlace .

domingo, 5 de junio de 2011

FRACASO NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA


A CEOE defende aos empresarios e os sindicatos aos traballadores. Sin embargo, despois de novas coma estas a sociedade pregúntase quen defente ós case 5 millóns de parados que hoxe en día ocupan as listas de desemprego. A ruptira da negociación colectiva é un duro golpe para a xente sen emprego.

Se queredes ver máis información sobre esta nova, podedes acceder ó seguinte enlace.

miércoles, 1 de junio de 2011

Un modelo matemático predice menos accidentes laborales en 2011 y 2012


Se pinchas neste enlace, poderás ver publicada nun blogue de Matemáticas Recreativas, unha entrada que anuncia un descenso no número de accidentes laborais para o ano 2011 e 2012. Esta nova é o resultado dun modelo matemático realizado por investigadores da universidade de Castilla - La Mancha, que destaca sobre todo unha reducción dos accidentes In itinere (no traxecto da casa ó traballo e viceversa). Dado que me pareceu un dato curioso e de referencia para o tema que estamos a traballar no módulo decidín compartilo.

Concentración no Grupo Brea en Compostela contra o acoso laboral e os despedimentos


Esta nova trata un dos temas laborais máis frecuentes na actualidade: os despidos. A maioría destes atribúense á crise económica e moitos deles lévanse a cabo dun xeito ilegal ou perxudicial para o traballador, pareceume unha nova de interese dado que é un tema cercano a tod@s e o mesmo tempo está relacionado co módulo de FOL.

O grupo Brea en Compostela vén aplicando nos dous últimos anos unha regulación de emprego encuberta que provocou unha importante redución do cadro de persoal.
Segundo Pepe Maio, da CIG-Metal, estes despedimentos fóronse realizando tras un longo proceso de acoso laboral que comeza con pequenas sancións e que remata co despedimento obxectivo do traballador/a obxecto do acoso. “Utilizan tácticas de presión que provocan no traballador tal estado de angustia que o imposibilita para reaccionar. Primeiro sanciónano por faltas leves provocadas por cuestións que en ningún outro caso serían merecentes de tal. Logo acaban presentándolle unha sanción por unha suposta falta grave e, ao final, acaban xustificando o despedimento”.
Con este método, traballadores que levaban anos de traballo intachable na empresa foron xa despedidos. Maio asegura que non se trata só de reducir o cadro de persoal, de preto de 150 traballadores/as, senón de crear “un estado de psicose colectiva”, co obxectivo de impedir que se dea calquera tipo de resposta a esta situación e de demostrarlles aos traballadores/as que a empresa ten mecanismos abondo para despedir a calquera se así o decide.