miércoles, 1 de junio de 2011

Concentración no Grupo Brea en Compostela contra o acoso laboral e os despedimentos


Esta nova trata un dos temas laborais máis frecuentes na actualidade: os despidos. A maioría destes atribúense á crise económica e moitos deles lévanse a cabo dun xeito ilegal ou perxudicial para o traballador, pareceume unha nova de interese dado que é un tema cercano a tod@s e o mesmo tempo está relacionado co módulo de FOL.

O grupo Brea en Compostela vén aplicando nos dous últimos anos unha regulación de emprego encuberta que provocou unha importante redución do cadro de persoal.
Segundo Pepe Maio, da CIG-Metal, estes despedimentos fóronse realizando tras un longo proceso de acoso laboral que comeza con pequenas sancións e que remata co despedimento obxectivo do traballador/a obxecto do acoso. “Utilizan tácticas de presión que provocan no traballador tal estado de angustia que o imposibilita para reaccionar. Primeiro sanciónano por faltas leves provocadas por cuestións que en ningún outro caso serían merecentes de tal. Logo acaban presentándolle unha sanción por unha suposta falta grave e, ao final, acaban xustificando o despedimento”.
Con este método, traballadores que levaban anos de traballo intachable na empresa foron xa despedidos. Maio asegura que non se trata só de reducir o cadro de persoal, de preto de 150 traballadores/as, senón de crear “un estado de psicose colectiva”, co obxectivo de impedir que se dea calquera tipo de resposta a esta situación e de demostrarlles aos traballadores/as que a empresa ten mecanismos abondo para despedir a calquera se así o decide.

No hay comentarios:

Publicar un comentario